jueves, 26 de marzo de 2015

VIDA


Xosé Filgueira Valverde naceu, como xa se dixo, en Pontevedra, exactamente o 28 de outubro de 1906. Cursou con brillantez, a partir de 1917, os estudos de bacharelato no Instituto da cidade. En 1922 comezou na Universidade de Santiago na carreira de Filosofía e Letras, rematada en 1927, na Sección de Ciencias Históricas, na Universidade de Zaragoza. Un ano despois, en 1928, concluiu na de Compostela, con Premio Extraordinario, nos seus estudos de Dereito.
En 1928 comezou tamén a súa carreira docente. Iniciouna, como Axudante interino da Sección de Letras,no Instituto de Pontevedra. Sete anos máis tarde, en 1935, gaña a Cátedra de Lingua e Literatura Española do Instituto Jaime Balmés de Barcelona, desde o que, con gran rapidez, pasa sucesivamente polo de Melilla e chega o de Lugo, onde toma posesión da súa praza o 8 de novembro, unha semana antes da defensa na Universidade de Madrid da súa Tese de Doctorado, calificada con Sobresaliente, sobre a Cantiga CIII de Alfonso X O Sabio. Permanecerá en Lugo ata 1939, ano no que, con carácter provisional nun principio, trasládase o Instituto de Pontevedra, centro no que se lle nombrará director en funcións en 1944 e  efectivo en 1946. Permanecerá no cargo ata a súa xubilación académica en outubro de 1976.
Ao longo da súa vida, participou Filgueira Valverde de maneira decidida y decisiva na creación ou potenciación de numerosas institucións, algunhas de gran significación no panorama cultural do seu tempo. Merecen reseña, por as especiais circunstancias nas que xorden, catro: O Seminario de Estudos Galegos, o Museo de Pontevedra, o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Consello da Cultura Galega.




O Seminario de Estudos Galegos naceu o 12 de outubrp de 1923, en Santiago, por iniciativa dun grupo de universitarios no que Valverde será un deles. Será, dato que afirma o seu firme compromiso cos seus principios programáticos,o primeiro, tras o Presidente, Armando Cotarelo Valledor, en ler o discurso de ingreso no Organismo, clave para entender en boa medida a Galicia do século XX e en moitos aspectos tamén, a pesar da súa corta vida, do noso tempo. Promoveu no seu seno, iniciativas de carácter moi diverso, sendo nombrado en 1933 director da Sección de Historia daa Literatura.
O Museo de Pontevedra xorde, por iniciativa da Diputación Provincial, entón presidida por Daniel de la Sota, o 30 de decembro de 1927. Filgueira, estreitamente relacionado co grupo que promovía a súa creación, concebida para dar continuidade á fecunda labor da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, foi nombrado Secretario de su Patronato fundacional, constituido formalmente o 30 de enero de 1929. Xunto a De la Sota,formábano, entre outras, personalidades destacadas como Casto Sampedro, o primeiro director da entidade, Castelao, Losada Diéguez o Sánchez Cantón. O Museo será, sen dúbida, a iniciativa de mái empeño da súa  larga e fructífera vida.
O Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos estableceuse legalmente, en Santiago, o 15 de febreiro de 1944. Créase promovido polo Consello Superior de Investigacións Científicas, para tratar de rechear o vacío existente no panorama cultural galego como consecuencia da desaparición, en 1936, do citado Seminario de Estudos Galegos. No Instituto dirixiu nun principio a Sección de Historia do Arte, sendo nombrado en 1972, tras o falecemento de Francisco Javier Sánchez Cantón, director do Organismo.
O Consello da Cultura Galega, cuxa creación contémplase expresamente no Estatuto de Autonomía de Galicia, é o resultado da súa xestión como Conselleiro, adxunto á Presidencia da Xunta de Galicia para a Cultura,no primeiro Goberno autonómico presidido por Gerardo Fernández Albor. Instituido formalmente o 7 de decembro de 1983, cando xa non era Conselleiro de Cultura, formou parte do seu primeiro Plenario como personalidade galega relevante. Presidirao, ata o seu falecemento desde o mes de outubro de 1990.
Non foi o de Conselleiro o único cargo de carácter político que ostentou Filgueira Valverde durante a súa vida. Moito antes,entre 1959 e 1968,fora alcalde de Pontevedra. Incluso antes, desenrolara unha intensa actividade política,primeiro en relación co Partido Galeguista e con posterioridade na Dereita Galeguista, partido nado en 1935 por unha división explicable por razóns ideolóxicas e estratéxicas do anterior.

No hay comentarios:

Publicar un comentario