jueves, 26 de marzo de 2015

FOTOS












PREMIOS

No transcurso da súa vida, froito do moito que sembrou, Filgueira Valverde foi distinguido con numerosos premios, condecoracións e distincións. Sirvan de testimonio, por un lado, as Medallas de Ouro das ``súas ´´dous cidades, Pontevedra e Santiago, e, por outro, a súa elección como Numerario da Real Academia Galega e da Real Academia da Historia. Dedicou o  seu discurso de ingreso nesta Corporación, en 1981, a Fray Martín Sarmiento, o sabio monxe benedictino do século XVIII, berciano de nacemento por accidente, pontevedrés de corazón e militancia, co que tanto identificouse, e naa primera, en 1941, á épica na Galicia medieval, un campo de traballo no que as súas aportaciónss, ainda hoxe, tal como sucede tamén no ámbito da lírica, seguen sendo de invocación absolutamente imprescindible.


OBRA

Filgueira Valverde é un autor de unha copiosísima producción científica. No libro, promovido por Caixapontevedra en 1996, co que se lle quería homenaxear con motivo do seu noventa aniversario,recóllense, por un lado, un total de 2.136 publicacións, a última, Os poetas de 1935, en preparación (veu a luz en 2008 ),a primera, un artículo sobre Xelmírez,publicado na revista Renovación o  23 de enero de 1923, cando tiña algo máis de dezaseis anos, e, por outro, neste caso únicamente ata 1995, 4.533 intervencións en cursos e conferencias. A consulta desta obra permite afirmar que, con Galicia como protagonista inequívoca, pero non exclusiva, ningún campo do saber quedou fora do seu interés e curiosidade.
É evidente tamén, non obstante, que a súa maior actividade concentrouse en determinados ámbitos: a historia, a arqueoloxía, a antropoloxía, a arte e a literatura, con destacadas incursións tamén,neste caso, no terreo da creación (prosa e poesía).
Non é fácil, ante tan abrumador cúmulo de referencias, destacar algunha publicación de Filgueira Valverde en particular. Son moitas, en efecto, as que, polo que supuxeron unhas veces no momento da súa aparición ou incluso polo que ainda hoxe comportan por non ser superadas no esencial, as que merecerían ser reseñadas. Si fose obrigada unha única mención, a cita debería recaer sen discusión,sobre todo por X. Alonso Montero,nas nove entregas da obra xenéricamente titulada Adral, recopilación de artículos de alcance e significación moi dispar, rebosantes sempre de erudición, a maior parte, sobre todo os incluidos nos primeiros volúmenes, en xornais, particularmente en Faro de Vigo.


VIDA


Xosé Filgueira Valverde naceu, como xa se dixo, en Pontevedra, exactamente o 28 de outubro de 1906. Cursou con brillantez, a partir de 1917, os estudos de bacharelato no Instituto da cidade. En 1922 comezou na Universidade de Santiago na carreira de Filosofía e Letras, rematada en 1927, na Sección de Ciencias Históricas, na Universidade de Zaragoza. Un ano despois, en 1928, concluiu na de Compostela, con Premio Extraordinario, nos seus estudos de Dereito.
En 1928 comezou tamén a súa carreira docente. Iniciouna, como Axudante interino da Sección de Letras,no Instituto de Pontevedra. Sete anos máis tarde, en 1935, gaña a Cátedra de Lingua e Literatura Española do Instituto Jaime Balmés de Barcelona, desde o que, con gran rapidez, pasa sucesivamente polo de Melilla e chega o de Lugo, onde toma posesión da súa praza o 8 de novembro, unha semana antes da defensa na Universidade de Madrid da súa Tese de Doctorado, calificada con Sobresaliente, sobre a Cantiga CIII de Alfonso X O Sabio. Permanecerá en Lugo ata 1939, ano no que, con carácter provisional nun principio, trasládase o Instituto de Pontevedra, centro no que se lle nombrará director en funcións en 1944 e  efectivo en 1946. Permanecerá no cargo ata a súa xubilación académica en outubro de 1976.
Ao longo da súa vida, participou Filgueira Valverde de maneira decidida y decisiva na creación ou potenciación de numerosas institucións, algunhas de gran significación no panorama cultural do seu tempo. Merecen reseña, por as especiais circunstancias nas que xorden, catro: O Seminario de Estudos Galegos, o Museo de Pontevedra, o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Consello da Cultura Galega.




O Seminario de Estudos Galegos naceu o 12 de outubrp de 1923, en Santiago, por iniciativa dun grupo de universitarios no que Valverde será un deles. Será, dato que afirma o seu firme compromiso cos seus principios programáticos,o primeiro, tras o Presidente, Armando Cotarelo Valledor, en ler o discurso de ingreso no Organismo, clave para entender en boa medida a Galicia do século XX e en moitos aspectos tamén, a pesar da súa corta vida, do noso tempo. Promoveu no seu seno, iniciativas de carácter moi diverso, sendo nombrado en 1933 director da Sección de Historia daa Literatura.
O Museo de Pontevedra xorde, por iniciativa da Diputación Provincial, entón presidida por Daniel de la Sota, o 30 de decembro de 1927. Filgueira, estreitamente relacionado co grupo que promovía a súa creación, concebida para dar continuidade á fecunda labor da Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra, foi nombrado Secretario de su Patronato fundacional, constituido formalmente o 30 de enero de 1929. Xunto a De la Sota,formábano, entre outras, personalidades destacadas como Casto Sampedro, o primeiro director da entidade, Castelao, Losada Diéguez o Sánchez Cantón. O Museo será, sen dúbida, a iniciativa de mái empeño da súa  larga e fructífera vida.
O Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos estableceuse legalmente, en Santiago, o 15 de febreiro de 1944. Créase promovido polo Consello Superior de Investigacións Científicas, para tratar de rechear o vacío existente no panorama cultural galego como consecuencia da desaparición, en 1936, do citado Seminario de Estudos Galegos. No Instituto dirixiu nun principio a Sección de Historia do Arte, sendo nombrado en 1972, tras o falecemento de Francisco Javier Sánchez Cantón, director do Organismo.
O Consello da Cultura Galega, cuxa creación contémplase expresamente no Estatuto de Autonomía de Galicia, é o resultado da súa xestión como Conselleiro, adxunto á Presidencia da Xunta de Galicia para a Cultura,no primeiro Goberno autonómico presidido por Gerardo Fernández Albor. Instituido formalmente o 7 de decembro de 1983, cando xa non era Conselleiro de Cultura, formou parte do seu primeiro Plenario como personalidade galega relevante. Presidirao, ata o seu falecemento desde o mes de outubro de 1990.
Non foi o de Conselleiro o único cargo de carácter político que ostentou Filgueira Valverde durante a súa vida. Moito antes,entre 1959 e 1968,fora alcalde de Pontevedra. Incluso antes, desenrolara unha intensa actividade política,primeiro en relación co Partido Galeguista e con posterioridade na Dereita Galeguista, partido nado en 1935 por unha división explicable por razóns ideolóxicas e estratéxicas do anterior.

PORQUÉ SE LLE ADICA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS?

Xosé Filgueira Valverde foi unha das figuras literarias máis destacadas de Galicia no século XX,unha centuria,xa que nace en 1906 e fina en 1996.Vale a pena falar del xa que chea coa súa propia existencia.A súa traxectoria vital,significada pola diversidade e amplitude das súas actividades,intereses e saberas tivo un núcleo que sustenta toda a súa carreira inequívoco,Galicia e a súa cultura. Tivo dous eixes de referencia : Pontevedra, a cidade na que veu a luz e Santiago de Compostela, a urbe con prxyección ecuménica na que recibiu en esencial a súa sólida formación intelectual.