jueves, 26 de marzo de 2015

OBRA

Filgueira Valverde é un autor de unha copiosísima producción científica. No libro, promovido por Caixapontevedra en 1996, co que se lle quería homenaxear con motivo do seu noventa aniversario,recóllense, por un lado, un total de 2.136 publicacións, a última, Os poetas de 1935, en preparación (veu a luz en 2008 ),a primera, un artículo sobre Xelmírez,publicado na revista Renovación o  23 de enero de 1923, cando tiña algo máis de dezaseis anos, e, por outro, neste caso únicamente ata 1995, 4.533 intervencións en cursos e conferencias. A consulta desta obra permite afirmar que, con Galicia como protagonista inequívoca, pero non exclusiva, ningún campo do saber quedou fora do seu interés e curiosidade.
É evidente tamén, non obstante, que a súa maior actividade concentrouse en determinados ámbitos: a historia, a arqueoloxía, a antropoloxía, a arte e a literatura, con destacadas incursións tamén,neste caso, no terreo da creación (prosa e poesía).
Non é fácil, ante tan abrumador cúmulo de referencias, destacar algunha publicación de Filgueira Valverde en particular. Son moitas, en efecto, as que, polo que supuxeron unhas veces no momento da súa aparición ou incluso polo que ainda hoxe comportan por non ser superadas no esencial, as que merecerían ser reseñadas. Si fose obrigada unha única mención, a cita debería recaer sen discusión,sobre todo por X. Alonso Montero,nas nove entregas da obra xenéricamente titulada Adral, recopilación de artículos de alcance e significación moi dispar, rebosantes sempre de erudición, a maior parte, sobre todo os incluidos nos primeiros volúmenes, en xornais, particularmente en Faro de Vigo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario